Para abrir boca imos comezar cunha triloxía xa coñecida por boa parte dos/das nosos/as adolescentes: Dragal, de Elena Gallego Abad, publicada pola Editorial Xerais. O primeiro volume (A herdanza do dragón) apareceu xa alá polo ano 2010. A aventura veríase completada con A metamorfose do dragón (2011) e A fraternidade do dragón (2012). Poucos/as dos/das lectores/as que se achegan ás súas páxinas poden evitar a fascinación que lles producen as andanzas de Hadrían, destinado sen el o saber, a cumprir a profecía que fará rexurdir o dragón de pedra tallado na Igrexa de San Pedro. Hadrían non se embarcará neste proxecto só senón que precisará da axuda de amigos e compañeiros así como se verá obrigado a somerxerse en parte da súa propia historia familiar para ser quen de executar o seu destino.Esta triloxía resultou tan dinámica que non puido ficar só no papel, trascendeu o ámbito da lectura a través de diferentes proxectos. Por unha banda a posta en marcha do Proxecto Dragal, que aglutina a varios centros de ensino que amplían a experiencia lectora e, por outra, a iniciativa
que promete transformar o texto literario en texto fílmico facendo que poidamos desfrutar máis unha vez esta aventura nos nosos cines, son só dúas mostras dos bos resultados conseguidos por esta triloxía.Para animar a posíbeis indecisos/as aquí tedes o booktrailer preparado pola editorial:
Ningún comentario:
Publicar un comentario