4/26/2015

As árbores e o bosque

Nun mundo apremiado polo audiovisual, onde todo se graba, todo se comparte e o acceso a calquera tipo de información é inmediato e vén peneirado a través das mans de moitas persoas que, antes de nós, estiveron a procurar o mesmo a lectura pode semellar algo van, antigo, vinculado ao pasado, lento... Non obstante as novas tecnoloxias non fan máis que refrendar que ler segue sendo algo fundamental para os humanos. Escribimos e lemos máis que nunca aínda que agora o fagamos de modos diferentes. Ter acceso a máis información e modos diferentes de chegar até ela pode resultar desde aterrador até desconcertante pola inxente cantidade á que podemos acceder (de aí a relevancia da curación social de contidos) ; podemos crer que é posíbel vivir afastados e afastadas das novas tecnoloxías, vivir felices sen twitter, sen facebook, mesmo sen móbil porque cremos que así controlamos máis, non xa as nosas vidas senón a nosa capacidade de emitir e de recibir información mais, probabelmente, esta é unha postura errónea.
Temos que necesidade de nos converter en usuarios e usuarias activas de internet, non deixar que a información pase por nós senón construíla, xestuinala, organizala, facer que traballe para nós e non nós para ela. Afortunadamente dispomos dun bo número de ferramentas (Feedly, RSS, Diigo) que nos permiten seleccionar, gardar, clasificar todo aquilo que nos resulte interesante, podemos xestionalo de forma visualmente eficaz (Pinterest, Flickr, You Tube) e, cando todo falla e aínda así precisamos de alguén que nos bote unha man temos aí as redes sociais (Facebook, Twitter) cun bo número de compañeiros e compañeiras de camiño con quen podemos consultar as nosas dúbidas. O noso traballo pasa de estar nas nosas mans a estar nas mans de calquera, non para dañalo senón para melloralo (Wikis, Issuu, Slideshare...)
A dinamización lectora entre os sectores poboacionais máis novos (e tamén entre os demais, por suposto) precisa de persoas dispostas a sacarlle todo o partido ás moitas ferramentas de que dispomos; por que non organizarmos clubs de lectura virtuais, sínteses de obras a través de twitter, liñas do tempo dos nosos autores e autoras preferidos, constelacións literarias que brillen na rede? Compartamos as nosas experiencias, non perderemos o noso traballo, gañaremos o traballo e o punto de vista de moitas máis persoas embarcadas no mesmo proxecto, de non ser así corremos o risco de que as árbores de internet non nos deixen ver o bosque e hai moitos bosques por ver.



4/14/2015

A LIX e a curación de contidos


 como curar Copy | Piktochart Infographic Editor

Imos dedicar esta segunda entrada do noso blog á curación de contidos e a tratar de explicar porque consideramos que esta é unha ferramenta indispensábel no actual panorama de comunicación a través de internet e as redes sociais.
Se algo caracteriza o mundo da web 2.0 (e 3.0) é a posibilidade de xerar un enorme número de contidos, feito fantástico a priori posto que nos permite acceder a calquera tipo de información, en calquera momento e practicamente desde calquera lugar. Se queremos acceder de forma rápida a un dato non temos máis que acudir a un buscador para obtelo de modo inmediato. Eses son os tempos que vivimos, os da inmediatez.
Non obstante, esta cantida de información coleva un perigo evidente: a infoxicación, porque, seben acceder a un dato concreto (onde naceu Afonso X, o sabio?) é máis que doado peneirar a información, encontrar recursos e enlaces útiles que filtren duplicados, especializarse nun tema sen caer en información sen sentido non é tan fácil.
No campo que a nós nos interesa, o da literatura infantuil e xuvenil, non resulta tampouco doado estar ao tanto de novidades, premios, convocatorias, reedicións... Aínda que as obras en galego poidan parecer máis atinxíbeis que o amplo mercado do castelán ou que o do inglés, a realidade é que cada vez xorden máis proxectos editoriais, cada vez hai máis páxinas de crítica literaria, cada vez máis compilacións de actividades e recursos... Deste modo comeza a xurdir a idea de que as árbores non deixan ver o bosque, aínda que, se cadra, neste caso tamén poderiamos dicir que os bosques non non permiten chegar até as árbores.
De aí a importancia da curación de contidos, precisamos máis recursos que acheguen información relevante partindo dos elementos fundamentais para desenvolver unha boa tarefa de curación de contidos:
-Búsqueda
-Filtrado
-Organización
-Difusión

 http://blog.interdominios.com/wp-content/2008/Curaci%C3%B3n-de-contenidos.jpg
Debemos ser selectivos/as á hora de elaborar materiais e recursos 2.0, o enorme numero de ferramentas ao noso dispor facilita esa tarefa mais as mesmas facilidades que nola permiten poden acabar sendo a que a fagan desaparecer. No caso da literatura xuvenil debemos atender a contar cun bo número de fontes de información fiábeis (e, por suposto, non deixar de lado a lectura directa dos textos!), precisamos ter un criterio firme e ben asentado que nos permita discenir o relevante do accesorio, o interesante do comercial, o que nos gusta a nós do que pode intersarlle ao noso alumnado; compilada a información contamos con moitos recursos para organizala (un blog, as redes sociais, os marcadores RSS...) e difundila do xeito máis atractivo e claro posíbel posto que a información que fica na gabeta non existe e ese ficar na gabeta é un dos maiores perigos que corremos actualmente.