
Imos dedicar esta segunda entrada do noso blog á curación de contidos e a tratar de explicar porque consideramos que esta é unha ferramenta indispensábel no actual panorama de comunicación a través de internet e as redes sociais.
Se algo caracteriza o mundo da web 2.0 (e 3.0) é a posibilidade de xerar un enorme número de contidos, feito fantástico a priori posto que nos permite acceder a calquera tipo de información, en calquera momento e practicamente desde calquera lugar. Se queremos acceder de forma rápida a un dato non temos máis que acudir a un buscador para obtelo de modo inmediato. Eses son os tempos que vivimos, os da inmediatez.
Non obstante, esta cantida de información coleva un perigo evidente: a infoxicación, porque, seben acceder a un dato concreto (onde naceu Afonso X, o sabio?) é máis que doado peneirar a información, encontrar recursos e enlaces útiles que filtren duplicados, especializarse nun tema sen caer en información sen sentido non é tan fácil.
No campo que a nós nos interesa, o da literatura infantuil e xuvenil, non resulta tampouco doado estar ao tanto de novidades, premios, convocatorias, reedicións... Aínda que as obras en galego poidan parecer máis atinxíbeis que o amplo mercado do castelán ou que o do inglés, a realidade é que cada vez xorden máis proxectos editoriais, cada vez hai máis páxinas de crítica literaria, cada vez máis compilacións de actividades e recursos... Deste modo comeza a xurdir a idea de que as árbores non deixan ver o bosque, aínda que, se cadra, neste caso tamén poderiamos dicir que os bosques non non permiten chegar até as árbores.
De aí a importancia da curación de contidos, precisamos máis recursos que acheguen información relevante partindo dos elementos fundamentais para desenvolver unha boa tarefa de curación de contidos:
-Búsqueda
-Filtrado
-Organización
-Difusión
Debemos ser selectivos/as á hora de elaborar materiais e recursos 2.0, o enorme numero de ferramentas ao noso dispor facilita esa tarefa mais as mesmas facilidades que nola permiten poden acabar sendo a que a fagan desaparecer. No caso da literatura xuvenil debemos atender a contar cun bo número de fontes de información fiábeis (e, por suposto, non deixar de lado a lectura directa dos textos!), precisamos ter un criterio firme e ben asentado que nos permita discenir o relevante do accesorio, o interesante do comercial, o que nos gusta a nós do que pode intersarlle ao noso alumnado; compilada a información contamos con moitos recursos para organizala (un blog, as redes sociais, os marcadores RSS...) e difundila do xeito máis atractivo e claro posíbel posto que a información que fica na gabeta non existe e ese ficar na gabeta é un dos maiores perigos que corremos actualmente.
Estupendo
ResponderEliminarGrazas!
ResponderEliminar